lunes, 16 de abril de 2012

REPORTAXES
 
















Estrano suceso que debio acontecer este domingo pasado, durante o inicio dos últimos desfiles que pechaban a XXII Mostra do Encaixe, posto que a través da Voz de Galicia e mesmo La Opinión na sección ''Cartas al Director'', tivemos coñecemento da denuncia dunha das diseñadoras, Dalila López Álvarez, que participaba no XIX Concurso de Deseñadores Noveis no Grupo B, e que según indica na súa denuncia pública a través dos medios, as persoas encargadas da seguridade, prohibiron a súa presencia na entrada a zona de diseñadores, e cando pedio explicacións ''ante tal inxustiza'', só se lle respostou que estaba vetada.

Nesta crónica vamos a incluir a carta completa que Dalila López Álvarez incluio no diario La Opinión na súa sección de Cartas al Director, pero ante estas graves acusacións contra a organización da Mostra, entendemos que deberían emitir unha nota de prensa para explicar o acontecido e borrar calqueira dúbida sobre o desenlace do Concurso de Deseñadores así como evitar que estos acontecementos poidan danar a imaxe pública da Mostra do Encaixe, non só ante os visitantes que acudiron a mesma sinon ante futuros deseñadores noveis que poidan participar nos concursos das Mostras veñideiras.

Este diario, está tratando de conseguir contactar coa deseñadora Dalila López para que poida ofrecernos unha información máis completa sobre o sucedido ese domingo da Mostra, posto que non a localizamos a través das redes sociais, e por elo, rogamos a quen poida facerlle chegar o noso interese por contactar coa citada deseñadora, poidan transmitirlle o e-mail do diario (diariocamarinan@gmail.com) ou mesmo este móbil de contacto: 678 931 224.


CARTA AO DIRECTOR, REMITIDA POR DALILA LÓPEZ ÁLVAREZ A ''LA OPINIÓN'' DA CORUÑA (aparece publicada o martes, 10 de abril de 2012):

Tras ser seleccionada como finalista, en dicho certamen, por mi proyecto LA VENGANZA DEL MAR, elaboré durante varios meses cuatro diseños que presenté de acuerdo a las bases del concurso y al contrato que firmé con la organización.

Mi sorpresa llegó cuando hoy domingo (8 de abril), los dos hombres encargados de seguridad me prohibieron la entrada a la zona de diseñadores donde se preparan las modelos, mientras yo veía como todos los demás diseñadores iban entrando. Al pedir explicaciones ante tal injusticia solo se me respondió que estaba vetada, esto se me dijo de muy malas maneras rozando el machismo más retrógado dejándome fuera del baskstage. Pedí explicaciones a la dirección y organización de la muestra sin hallar otra explicación y admitiendo la propia directora, que esta irregularidad no había sucedido nunca y que a pesar de sus esfuerzos yo me quedaba fuera del desfile.

Pienso que todo lo que le he narrado es un atentado contra mi derecho fundamental de libertad de expresión, hecho que me dejó fuera de un concurso en el cual yo estaba seleccionada y en el que tuve que asistir impotente a la exclusión de mi trabajo de meses, mis ilusiones y mi dinero por motivos que desconozco y que ni siquiera la organización ha concretado.

No me queda otro recurso que recurrir a su medio para alzar mi sin saber qué poder hacer. Gracias por su atención, reciba un cordial saludo.

(Fin da carta ao director de Dalila López Álvarez)


Creemos na redacción do DC, que a denuncia e de tal gravidade e que perxudica de forma importante a imaxe da propia Mostra, que a concelleira delegada da mesma, Dñ. Sandra Ínsua ou mesmo a directora do evento, teñen que sair a palestra e detallar o acontecido co fin de aclarexar este suceso que ''vetou'' según as palabras da deseñadora, a súa participación no desfile e atentando contra súa liberdade de expresión...¿Cometio algunha irregularidade a diseñadora Dalila López? ¿Atentouse contra o seu dereito de liberdade de expresión? ¿Quixo favorecerse a outros/as diseñadores/as?

O DC seguirá moi de preto este tema para poder ofrecer aos nosos lectores as distintas versións que poidan haber deste caso e poder dilucidar a verdade de todo o acontecido este domingo pasado, no último día da Mostra do Encaixe.


-

No hay comentarios:

Publicar un comentario